Xogar
a Pensar con Miró
MARÍA DEL MAR COPA NOVO
C.E.I.P. “ANÍBAL OTERO”.- CHAO DE POUSADOIRO.- RIBEIRA
DE PIQUÍN.- LUGO
mcopa@edu.xunta.es
A
práctica realizada consta de 2
actividades: nunha sesión
realizamos a observación e descripción do cadro de Miró Femme, Oiseau, Étoile (Muller, paxaro ,
estrela) e outra sesión adicamola a elaborar unha creación propia a partir das
pezas recortadas de dito cadro.
Actividade 1.-
Observación e descripción de Femme,
Oiseau Étoile.
v
Nº de alumnas e edade: 2
alumnas de 4 anos (son as 2 únicas alumnas de educación infantil que hai no meu
centro).
v
Tempo adicado a
actividade: 35 minutos.
v
Condicións físicas
xerais: A actividade foi realizada na aula de infantil coas 2 nenas sentadas nas
súas respectivas cadeiras e eu en frente delas mostrándollela lámina.( Debido a
que sólo son 2 esta disposición física pareceume a máis adecuada por varias
razóns: as nenas están cómodas e véndose as caras unha a outra perfectamente, e
teñen próxima tamén a lámina para señalar aquelo ó que se estén referindo en cada momento).
v
Tipo de recursos
utilizados: Fotocopia en color da lámina de Miró.
v
Habilidades de
Pensamento:
Habilidades de
investigación:
§
Adiviñar
§
Formular hipótesis
§
Observar
§
Buscar alternativas
§
Imaxinar
Habilidades de conceptualización e analise:
§
Formular conceptos
precisos
Habilidades de razoamento:
§
Buscar e dar razóns
§
Razoar
hipotéticamente
§
Razoar
analógicamente
§
Establecer criterios
Habilidades de traducción e
formulación:
§
Explicar: Narrar e
describir
§
Interpretar
§
Improvisar
§
Traducir da linguaxe
plástica á oral.
TRANSCRIPCIÓN DO DIÁLOGO MANTIDO PARA O
DESENROLO DESTA ACTIVIDADE:
-
María (son eu): ¿Poderíaisme decir que vos parece este dibuxo?
-
Tanía: A min paréceme...
-
Andrea: A min esto paréceme...
-
María: ¿Qué? ¿Parécesevos a algo que vosoutras coñezades?
-
Andrea: Esto parece un pelo, un pelito de.... de nene (nene e o personaxe dunhos libros
que temos en clase e que ten 3 pelos de punta sobre a cabeza. Cando dice que lle
parecen os pelos de nene , señala na lámina a figura que está máis a esquerda )
-
María: Esto paréceche un pelito de nene e o demáis
-
Andrea: A min non se me parece a nada
-
Tania: A min si, a min paréceme o corpo dunha curuxa
-
María: ¿O corpo dunha curuxa? ¿Podes explicarnos por que che parece o
corpo dunha curuxa?
-
Tania: Esto pode ser o gorro, e esto pode ser a cara, esto o corpo e esto
os brazos e estas as pernas , e despois por aquí o vestido e despois por aquí os
pes. (O tempo que vai citando cada parte vainas señalando no dibuxo)
-
María: Andrea ¿estas dacordo con Tania? ¿paréceche tamén a ti unha
curuxa?
-
Andrea: Si.....Eu nunca vin unha curuxa
-
María: Tania ¿son como aquelas as curuxas? (señalo unha figura dun moucho
que temos na clase)
-
Tania: Si
-
María: Entón este dibuxo ¿parécesevos a esa curuxa?
-
Andrea: non
-
Tania: Eu si que o penso
-
María: Sin embargo a Andrea sigue sin parecerlle unha curuxa, ¿verdad
Andrea?
-
Andrea: E que eu non a vin nunca
-
María: Entendo, si non viches nunca
unha curuxa de verdade, non sabes como son, pero este dibuxo ¿paréceseche
a esa que esta ahí na parede?
-
Andrea: Algo (mirando para a parede e para o dibuxo)
-
Tania: Eu si que as vin, María
-
María: ¿Dónde as viches, Tania?
-
Tania: Un día, cando iba paseando co meu abuelo
-
María: A miña pregunta era dónde a viches.
-
Tania: Nun prado que hai na miña casa
-
María: ¿Seguro? Pero tu non me dices que a túa casa está ó lado da
carreteira.
-
Tania: Si, pero alí cerca hai un prado e alí vin muitas curuxas.
-
Andrea: Mira, eu sei unha cousa. Mira, aquí o gorro, aquí a cabeza, aquí
o vestido e aquí os brazos e aquí os pes. (Vai señalando na lámina)
-
María: Entonces está claro que é unha curuxa
-
Tania: Claro
-
Andrea: Si
-
María: Aquela curuxa da parede ten unhos ollos mui grandes , e esta ¿non
ten ollos?
-
Andrea: Non, estaba andando
pa...
-
María: ¡Ah! ¿estaba andando?
-
Tania: Si, de cara paló (levanta a lámina e dalle a volta)
-
María: ¿Queres decir que está de espaldas e por eso non se lle ven os
ollos?
-
Tania: Si, esta é a espalda e levaba unha chaqueta
-
María: Unha chaqueta de moitos colores
-
Tania: Si porque tiña frio, e un gorrito (señala a peza que está na parte
superior do dibuxo)
-
María: ¿E esto de aquí? (referíndome as 2 boliñas que sobresaen na parte
superior da lámina)
-
Andrea: O gorriño, o gorro
-
Tania: Nooon, podían ser os cordós do gorro, e esto podía ser unha lunita
que levaba nas maos (señala a figura en forma de lúa do extremo dereito)
-
María: As curuxas ¿teñen maos?
-
Tania: Si
-
Andrea: Esa que está ahí ten alas e pes
-
Tania: Bueno, tamén ten maos escondidas e por eso non se lle ven
-
María: ¿Dónde crees que as ten escondidas?
-
Tania: Eu non sei
-
Andrea: Tenas para atrás, así ( e esconde as súas maos detrás do seu
corpo)
-
María: E a esta curuxa do dibuxo que decides que está de espaldas ¿por
qué non se lle ven as mans?
-
Tania: Si que se lle ven, María, son estas pero ten os brazos así
abertos.(Señala as figuras máis a dereita e a esquerda dibuxo e abre os seus
brazos en cruz).
-
María: E ¿por qué creedes que a persoa que pintou este cadro dibuxou a
curuxa de espaldas e non de frente?
-
Andrea: Eu non sei
-
Tania: Eu tampouco. Quedaría mellor
-
Andrea: ¡Ah xa sei! Para que non sabemos (emplea este tempo verbal en vez
de souberamos) como está?
-
María: E ¿Por qué non quere
que sepais como está?
-
Andrea:Ó mellor é que quere xogar con nos
-
María: ¿ De verdade crees que alguén fixo este dibuxo da curuxa para que
xogara con vosoutras?
-
Tania: Si
-
Andrea: Para que xoguemos con ela a adiviñar quen é
-
Tania: Si, por eso está disfrazada
-
María: ¡Ah! Pero ¿está disfrazada?, e ¿de que está disfrazada?
-
Tania: De colorines
-
María: ¿E por que se disfrazaría con tantos colorines?
-
Tania: Porque quería ser máis guapa e despois iba a onde os outros
compañeiros dela para que non a conocesen
-
María: Fíxate que lista. Entonces ahora está andando para xunto dos seus
compañeiros
-
Andrea: Si, para a
selva
-
María: ¡Ah! ¿as curuxas viven na selva?
-
Andrea: Siiii
-
Tania: ¿Sabes quen vive na selva?
-
María: ¿Quen?
-
Tania: Os elefantes
-
María: ¿E as curuxas?
-
Tania: Na selva tamén
-
María: Entonces ahora vai andando hacia a selva para xunto dos seus
amigos e ¿aínda non chegou?
-
Tania: Non ainda vai por alí arriba
-
María: ¿A qué te refires cando dices por alí arriba?
-
Tania: Polo camín arriba e o camín non se ve
-
María: ¿Por qué non se ve o camiño?
-
Tania: Por que a curuxa non deixa ver o camín
-
María: ¡Ah! Ela está diante e está tapando o camiño
-
Tania: Claro, está tapando
-
Andrea: Non, esto non é o camiño é neve (señala todo o espacio blanco que
rodea o dibuxo)
-
María: Pero ¿está nevando?
-
Tania: Si que é o camiño, pero está cheo de neve, pero o camiño que está
por aquí (señala a figura grande) non se ve porque o tapa a curuxa.
-
Andrea: Por eso está mui abrigadiña porque neva
-
María: Pero ¿en que
quedamos?, ¿está mui abrigadiña ou mui disfrazadiña?
-
Andrea: Mui abrigadiña
-
Tania: Non, disfrazada
-
Andrea: Non , mui abrigada
-
Tania: A min paréceme que está disfrazada
-
María: Ó mellor leva posto un disfraz que abriga moito
-
As 2: Claro
-
Andrea: si, e leva capucha e guantes para facer bolas e iba para a súa
casiña porque era de noite e de noite hai que durmir e cear. E ¿sabes que? Eu
onte cenei tortilla na miña casa e hoxe hai tortilla no comedor.
-
María: Andrea si che parece
falamos despois da comida do comedor , ahora gustaríame que me dixerais por que pensades que é de noite neste
dibuxo
-
Tania: Por que hai unha estrela
-
María : ¿Dónde ves unha estrela?
-
Tania: Aquí, esta é unha estrela e esta é a lúa ( señala as figuras que
están nos extremos superior esquerdo e no inferior dereito do dibuxo e que teñen
formas parecidas as das estrelas e da lúa)
-
Andrea: Non esa non é unha estrela, por que as estrelas non son así
-
María: ¿Cómo son entonces Andrea?
-
Andrea: Así non . Eu non fago así as estrelas por que as estrelas fanse
así (vai a por un folio e dibuxa unha estrela con puntas triangulares)
-
Tania: Así non son, así parecen montañas
-
Andrea: Tania, son así ( e volve a dibuxar piquiños de estrela)
-
Tania: esas son montañas. María ¿verdad que son montañas?
-
María: Bueno, a Andrea parécelle que as estrelas se dibuxan así e tú
dibuxalas de outra forma. Non tódalas persoas dibuxamos da misma maneira
certas cousas.
-
Tania: Eu fagoas así (e señala a figura da lámina)
-
Andrea: Esta non me parece unha estrela , pero esta si que parece unha
lúa. Eu sei como son as lúas porque fun un día afora cando era de noite e vin a
lúa e as estrelas.
-
María: ¿E como eran?
-
Andrea: As estrelas non eran así Tania, tú sal un día pola noite afora e
verás
-
Tania: Eu xa salín porque eu cando fun choer as ovellas e fun de noite
vin a lúa e as estrelas
-
María: Tania ¿Crees que quen pintou este cadro dibuxa as estrelas igual
que tú?
-
Tania: Si porque eu tamén as fago así
-
Andrea: Pois eu non
-
María: Vale, xa dixemos que non todos dibuxamos da mesma maneira. Por que
¿a vosoutras parecevos que sempre pintamos as cousas como son en realidad
ou podemos dibuxalas como no las
imaxinamos?
-
Tania: Eu non sei
-
Andrea: Eu tampouco , eu dibuxo as estrelas como son así (e volve a
dibuxar no folio unha nova estrela)
-
María: ¿E parécevos que a persoa que fixo este dibuxo viu unha curuxa mui
abrigadiña e mui disfrazada e a dibuxou así, tal como a viu?
-
Tania: Claro
-
Andrea: Eu non sei, porque eu nunca a vin
-
María: ¿A quen non viches nunca, Andrea?
-
Andrea: A unha curuxa de verdad
-
María: E ¿cómo poderíamos saber si a persoa que fixo o dibuxo viu a unha
curuxa de verdad e por eso a pintou?
-
Tania: Eu non sei
-
Andrea: Eu tampouco
-
María: Claro, é dificil sabelo porque non coñecemos a esta persoa pero
quen vos parece que sería ¿un neno ou nena ou unha persoa maior?
-
Andrea: Unha persoa maior
-
Tania: Unha persoa maior
-
María : ¿Cómo podedes sabelo?
-
Tania: Por que non se saliu nada
-
María: E ¿non podería ser unha nena ou un neno maior como vosoutras?
-
Andrea: Si, pero bebé non
pode, porque os bebés sálense
-
Tania: Eu as veces tamén me saio pintando pero outras non
-
María: Pero ¿non podemos sairnos ó pintar?
-
Andrea: Non, porque si non parecemos bebés
-
María : ¿Quen che dixo eso?
-
Andrea: eu seino
-
Tania: e eu tamén
-
María: Bueno, tamén me gustaría saber si este dibuxo vos parece bonito ou
feo
-
As 2: Bonito
-
María: Si, ¿Parécevos bonito? ¿Por qué vos parece bonito?
-
Andrea: Porque sí
-
María: Andrea por que sí ¿paréceche unha boa razón?
-
Andrea: A min gústame porque ten colorines
-
María: ¿Por qué ten moitos
colorines? ¿ E que colores ten?
-
As 2 (simultanea e alternativamente): azul, roxo, mouro, laranxa,amarelo,
verde
-
María: ¡Está cheo de colorines! ¿Parécevos bonito porque está cheo de
colorines?
-
As 2: Siii
-
María: ¿e é alegre ou triste?
-
Tania: alegre
-
Andrea: alegre
-
María: ¿ Por que vos parece alegre?
-
Tania : Por que é de colorines
-
María: Tamén esa é a razón de que sexa alegre
-
Andrea: Non , porque está mui contenta porque ó mellor iba a xogar
-
Tania: Ó balón, o balón coas súas compañeiras.
-
María: Entón este e o dibuxo dunha curuxa que está alegre por 2
razóns:
está chea de colorines e vai a xogar coas súas compañeiras.
-
Tania: Claro
-
Andrea: Si, pero non se lle ve a cara porque está de espaldas. E ¿esto
qué é? (señalando as letras do nome de Miró que casi non se perciben na
lámina)
-
Tania: As letras
-
María: As letras ¿de que?
-
Tania: De curuxa
-
María: ¡Ah! ahí pon curuxa
-
Tania: si (e lee) cu-ru-xa
-
María : ¿Qué letras vedes ahí?
-
Andrea: eme
-
Tania: eme
-
Andrea: Estas non sei cales son
-
María: Unha M de primeira ¿Sónavos a letra m na palabra curuxa?
-
Andrea: Non, curuxa leva cu de primeira
-
Tania: Pois logo non sei que pon
-
Andrea: Eu tampouco
-
María: Si queredes eu volo podo ler
-
As 2: Siii
-
María: (leo) Miró ¿Por qué
pondrá aquí Miró?
-
Tania: Non sei
-
Andrea: Eu tampouco
-
María: Cando facedes un dibuxo ¿poñedes o voso nome?
-
Andrea: Claro, é o nome de quen fixo a curuxa
-
Tania: E sabe escribir con letras pequenas por eso é maior
-
María: Si, seguro que ese é
o nome ou o seu apellido ¿verdad?.Pero vosoutras ademáis do nome ,
poñédeslles o título ó dibuxo. Vedes o título neste.
-
Tania: Eu no
-
Andrea: Eu no (dalle a volta a lámina e dí), e por atrás tampouco o
pon
-
María: E, ¿para que poñemos título os dibuxos?
-
Andrea: Para acordarnos de cando o facemos
-
María: ¿ de cando o facemos?
-
Andrea: si
-
María: Pero si poñemos cando facemos o dibuxo non estamos escribindo o
título senón a data
-
Andrea: ¡Ah! É verdad
-
Tania: Eu sei María, poñemos título para acodarnos do que dibuxamos porque a miña mamá o outro día
tamén apuntou que tiña que comprar veleno para os limacos para acordarse.
-
María: Claro ,así cando leeu a nota seguro que non se olvidou de
compralo. Pero cando mamá escribiu eso non estaba poñendo o título a un dibuxo ,pero vosoutras poñedes título
os dibuxos e ós contos que me contais para algo ¿verdad?
-
Tania : eu si
-
Andrea: Eu tamén, mira (colle un conto que me contou fai unhos días e que despois escribiu e dibuxou e lee o
título) Iago, Pili e o lobo
-
María:¿Recordas por que lle puxeches ese título o teu conto, Andrea?.
-
Andrea: Porque era unha nena que se chamaba Pili e un día....( e empeza a
contarme o conto)
-
María: Andrea, ahora non nos contes o conto , si queres despois podémolo
mirar, eu sólo quería que nos dixeras porque o titulaches así
-
Andrea: Por que había un lobo
-
María: E tamén unha nena que se chamaba Pili e un neno que se chamaba
Iago; entonces ¿os títulos teñen relación cos persoaxes dos contos o cos dibuxos
que facemos?,¿parécense os títulos os dibuxos?
-
Andrea: Claro
-
Tania: A min paréceme que si
-
María: E ¿ como creedes vosoutras que se titulará este dibuxo? (señalo a
lámina)
-
Tania: Eu seino : Unha curuxa disfrazadiña
-
Andrea: Non Tania, A curuxa que iba a xogar
-
María: Pois non, non se titula de ningunha das duas maneiras . A persoa
que fixo este dibuxo que foi un pintor mui famoso que se chamaba Joan Miró , e
que efectivamente era unha persoa maior, titulouno Muller, paxaro, estrela ¿por
qué creedes vosoutras que lle puxo este título o seu dibuxo?
-
Tania: Si, porque aquí hai unha estrela
-
Andrea: Tania, xa che dixen que esa non é unha estrela
-
María: Bueno, xa dixemos antes que esa podría ser unha estrela pero ¿ a
muller e o paxaro?
-
Andrea: A muller aquí mira: a cabeza, o corpo, os brazos,as pernas...(empeza a señalar cada unha das partes que antes atribuían á curuxa
ahora para identificar unha muller)
-
María: Entonces é unha muller ¿non é unha curuxa?
-
Andrea: e que eu non vin nunca
-
Tania: si tamén é unha curuxa.
-
María: Entonces Miró titulou este dibuxo Muller,paxaro, estrela porque
ahí hai unha muller, unha estrela e unha curuxa
-
Tania: claro
-
Andrea: Non unha estrela non hai.
Actividade 2.- Dadas as pezas recortadas do
cadro de Miró Muller, paxaro, estrela
recompoñelo facendo unha creación propia. Explicar despois o seu
traballo
v
Tempo adicado: 1 sesión
dunhos 30 minutos para a composición do dibuxo e outra de 10 minutos para
contarnos o traballo feito
v
Condicións físicas
xerais: Para compoñer o cadro estiveron sentadas no seu sitio. Previamente
fixeron “tanteos” da composición nunha pizarra magnética que teñen frente a elas
de maneira que unha nena podía seguir visualmente o que estaba facendo a outra .
Posteriormente cada nena explicou o seu traballo apoiando éste na pizarra
v
Tipo de recursos
utilizados: Eu recortei as pezas do cadro de Miró ; unhas de tamaño un pouco
máis grande, plastifiqueinas e pegueílles imán por detrás para facilitar o seu
manexo . Outras un pouco máis pequenas usáronnas no papel para pegalas facendo a
creación que previamente realizaran na pizarra pensando que podía ser cada peza
e como podían usala
v
Habilidades de
pensamento
Habilidades de investigación
§
Observar
§
Seleccionar
posibilidades
§
Imaxinar
Habilidades de conceptualización e
análisis
§
Establecer semexanzas e
diferencias
Habilidades de razoamento
§
Buscar e dar razóns
§
Razoar
analóxicamente
§
Relacionar partes e
todo
Habilidades de
traducción e formulación
§
Explicar: Narrar,
describir
§
Interpretar
§
Improvisar
§
Traducir da linguaxe
plástica á oral
Descripción que da Andrea do seu
dibuxo:
Esto é un sol, esto unha
nena; Esta é a
cabeza e un gorrito e este é o corpo e as pernas e esto é un xoguete para xogar
na praia
Descripción que fai Tania do seu
dibuxo:
Esta é unha nena que iba a pescar. Esta era a
caña e este o peixe e a barca, e
esta é unha estrela do mar e éste é o ceo e o mar.
Pedínlles tamén si me podían contar un conto sobre os seus
dibuxos e esto foi o que me contaron:
ANDREA
Era unha vez unha nena que se chamaba Andrea. Iba paseando polo bosque.
Despois había alí un lobo escondido. Andrea iba a piscina. Despois xa iba a
merendar ó salir da piscina e despois Andarea merendaba e volvía para a piscina
e cando foi de noite foise para casa a dormir. E despois cenou e deitouse e o
outaro día estuvo na cama todo o día.
E colrín, colorado este conto está
rematado.
María :¿E como se titula o teu conto?
Andrea: A nena no bosque
TANIA
Ërase unha vez unha nena que foi pescar , que
se chamaba Tania. Entonces, despois de pescar veu para casa e merendou e volveu
outra vez ó mar a pescar e pescou unha truita e unha estrela de mar. E despois
foi a cear a casa e ceou a truita e deitouse na cama e quedouse dormida.E a súa
mamá díxolle : -despertaa Tania que tes que ir a escuela. E despois vestiuse e
cando se vestiu , o transporte xa marchara e a mamá díxolle: -¡Alá!, por non
madrugar, ahora quedas sin escuela, e despois tuvo que quedar na casa todo o
día.
E, colorín colorado este conto está
rematado.
María: ¿Cal é o título do teu conto?
Tania: A nena pescando
v
AVALIACIÓN DA
PRÁCTICA
Ø
DIFICULTADES:
Quizás a maior
dificultade que teño eu é o número de alumnas. Con sólo 2 a interacción queda
mui mermada. Cando están dacordo en algo a afirmación é total posto que conflúen os puntos de
vista; polo contrario, cando disinten en algo, a falta doutros puntos de vista
fai que sexa difícil chegar a un acordo (por exemplo: Andrea non ve a estrela e
Tania sí; seguramente si o grupo fose máis numeroso, outros nenos/as verían ou
non alí unha estrela e argumentarían a favor ou en contra, co cal a visión de
cada nena podría variar dacordo cos argumentos expostos). Desta maneira, en
moitas ocasións, pídenme a min que faga de “xuíz” para chegar a un consenso ou
para que actúe como a “gran sabedora” e me poña ó lado do punto de vista dunha delas (“¿verdad María, que sí que
é unha estrela?”). Nestas ocasións tamén se me fai difícil a min saber que
postura tomar, que argumentos debo dar en cada momento para non interferir nos
seus puntos de vista. Con un grupo máis numeroso seguramento o meu papel sería
menos “decisivo”.
Ø
FACILIDADES:
A proposta de traballar con arte é moi
motivadora para os nenos. Cando optei por presentarlles un dibuxo abstracto, non
sabía como responderían as nenas. Pero a miña sorpresa foi ver que non tardaron
en “meterse” no cadro e soltarse a falar . De feito foron elas coas suas
respostas as que determinaron a conducción do diálogo posto que coa sua
detallada observación iban tocando tódolos puntos clave (que representaba o
cadro, quen o pintaría, por que era bonito, como se titularía , por que se
titularía así....). A verdade é que eu non esperaba que fora tan fácil “sacarlle
xugo” a esta lámina.
Ø
SORPRESAS:
No apartado anterior xa comentei que a miña
gran sorpresa foi ver o motivador que resultou traballar con unha obra abstracta. A imaxinación desbordante das nenas que creaban a historia da curuxa
como si verdadeiramente Miró tivese a intención de pintar este animal no seu
cadro. Incluso Andrea , que ata o final mantivo o de “ e que eu nunca vin unha
curuxa”, argumentou en numerosas ocasións a favor de que alí había dibuxada unha
curuxa mui abrigadiña. Sin embargo, cando compuxeron a súa obra coas pezas da
suposta curuxa, ningunha delas se acordou deste paxaro e as duas úsaronnas para
formar unha figura humana.
|