Das máscaras
africanas os refuxiados
Laura Robés Pérez
directora del departamento pedagoxico do Museo Fundación Eugènio Granell
en Santiago de Compostela
inf@fundacion-granell.or
“
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados
como están de razón e conciencia deben comportarse fraternalmente uns cos
outros”
Artigo
1, Declaración dos Dereiros Humanos.
“ Toda persoa ten dereito a
sair do seu país, mesmo do propio, e a volatr o seu país”.
Artigo 13, Declaración dos Dereiros Humanos
Dereito a recibir asilo en outros
paises frente as persecucións.
Artigo
14, Declaración dos Dereiros Humanos
A Fundacion-Museo Eugenio Granell
posúe unha colección de máscaras africanas que foi obxecto, en diversas ocasións,
de actividades con escolares e outros usuarios propias dun departamento pedagóxico
ou de educación dun museo. O obxectivo principal era amosar unha colección de
pezas que posuen non só un valor artístico senón tamén cultural: fálannos a
través da súa tipoloxía, das cores, dos materiais e do uso que delas se fai.
Na liña de abrir outros cauces na
labor educativa do museo parecía unha responsabilidade eleva-lo nivel de
formación dos escolares non só proporcionándolles información sobre as máscaras,
senon que, ademáis, elas mesmas foran o
punto de partida para achegalos a unha realidade ben distinta. ¿E se fora
posible ir un pouco máis aló? ¿Seríamos quenes de artellar unha actividade
que, tendo como eixo esta colección, axudase a sensibilizalos con respecto a
temas e realidades actuais?
Os
medios de comunicación amosan con moita frecuencia milleiros de persoas que
foxen do seu país por mor dos conflictos bélicos. As máscaras da fundación
pertencen a paises sitúanse en áreas nas que non se respetan os dereitos básicos
dos homes: dereito a vida, a liberdade e á seguridade persoal. Éstes
desprazados pódense atopar en
calqueira lugar do mundo, e tamén preto de nós, nembargantes ¿coñecemos o
que significa realmente ser un
refuxiado?.
En 1951 creouse o Alto Comisionado
das Nacións Unidas para os
Refuxiados (ACNUR), a finalidade era protexer e asistir ós refuxiados e buscar
solucións duradeiras para eles. A Asociación España
con ACNUR posue un material didáctico que segue as directrices marcadas
pola sede do ACNUR en Xinebra, puxémonos en contacto co seu Departamento de
Educación e proporcionáronnos este material de forma gratuita e, iste, foio
outro pilar para desenvolve-la actividade que hoxe presentamos.
Das máscaras africanas ós
refuxiados foi un proxecto levado a cabo dentro do programa de actividades do
Departamento Pedagóxico, no ano 2001. Para o seu
desenvolvemento contamos coa colaboración de Irene
Iglesias Becerra, Amiga Infantil e Xuvenil da Fundación, e alumna do
Colexio Nosa Señora dos Remedios. Ela realizou esta actividade cos seus compañeiros
de 2º ESO de 14 anos de idade.
As máscaras africanas, fondos da
colección permanente do Museo Eugenio Granell, expostas nas salas, foron o
punto de partida para chegar a tratar un tema como a protección dos refuxiados
e os dereitos humanos; para isto empregamos os carteis, vídeos e cuaderniños
do material didáctico de España con ACNUR.
Tratábase de dar un primeiro paso
cara a cultura da África Negra, a partir das súas máscaras é, ó mesmo
tempo, axudándonos do material didáctico citado, fomenta-la apertura de miras
e o respecto ós que posúen unha cultura propia e diferente.
As pezas da colección expostas
nas salas amósannos outros xeitos de ve-lo mundo, e nos achegan a outras relixións
e outras formas de entende-la arte. Non atoparemos estas máscaras nas rúas
pero sí podemos atoparnos con xentes que veñen dos paises de orixe das mesmas
e, ó mellor, son refuxiados.
Unha persoa da comunidade: unha
alumna de 14 anos, Irene Iglesias Becerra, foi quén de falar ós seus compañeiros
das máscaras e, tamén, lles axudou a entender que os refuxiados abandonan os
seus paises porque non se respectan os seus dereitos humanos. Ademáis animou os
compañeiros e compañeiras a que se identificasen
cos refuxiados, que son personas iguais que eles pero que perderon os
seus fogares, as suas pertenzas e a patria.
O
desenvolvemento completo deste proxecto tivo lugar na sala-taller que o museo
posúe para actividades con grupos que visitan as exposicións. Un total de 70
alumnas/os, de 2º de ESO, divididos en dous grupos, participaron nesta
actividade que se desenvolveu en tres sesións, polo que foi preciso que cada
grupo visitara o museo en tres ocasións.
Unha
vez tomada a decisión de facer algunha actividade co material didáctico que
nos enviou España con ACNUR e que, o mesmo tempo, tiña que axustarse á
exposición de máscaras do museo o seguinte paso foi pedir a Irene a sua
colaboración, non só po-la axuda que nos podía prestar, senón, e sobre todo,
por implicar no proxecto a unha persoa digamos de “fóra” do museo- aínda
que Irene é visitante habitual e coñecedora das coleccións e exposicións que
se presentan neste museo dende que tiña 9
anos-. A sua intervención dende logo aseguraba o éxito do proxecto que se
pretendía; si ela participaba de xeito tan importante os seus compañeiros e
compañeiras estarían moito máis interesados/as.
Na
primeira visita Irene explicou as máscaras
expostas nas salas: quén as fai, cómo se utilizan e a súa tipoloxía.
Na
segunda sesión cada escolar elabora unha
máscara.
A
derradeira sesión estivo adicada os refuxiados. Traballouse en
grupos pequenos co material didáctico de España con ACNUR.
Cada un dos participantes leeu un dereito e, despois, Irene explicou a
definición de refuxiado e animou os compañeiros e compañeiras a reflexionar
sobre os dereitos dos exiliados nunha posta en común.
Escoitar
e mesmo bailar música africana foi parte do desenvolvemento deste proxecto.
Esta
actividade non sería o mesmo sen a colaboración desinteresada de Irene que
aproveito para agradecer, son consciente do esforzo que lle supuxo. Ela pertence
á comunidade de mozas e mozos desta cidade e amosa como o museo está aberto ós
mais novos, que teñen aquí tamén algo que dicir, non sólo veñen a escoitar,
ela colaborou na organización e desenvolvemento da actividade; e, dende logo,
en todo momento se tivo en conta o seu parecer.
Quero
agradecer públicamente o seu esforzo por acadar os obxectivos que nos
marcaramos dende o principio.
|