MUNDOS COMPARTIDOS   

Xogar a Observar  
Igualdad  Sarceda Garaloces  
c.e.i.p. monterroso  nº1  

ceip.numero1.monterroso@edu.xunta.es

Guión   
Introducción  
Explicación día a día  
Venres 7 de Marzo  
Pola mañá  
“Director de orquesta”  
“Juegos de Kim”  

 

Luns 10 de Marzo

Pola mañá

“Director de orquesta”

“ Juegos de Kim”

Pola tarde

Presentación “Jugar a pensar con cuentos”

Conto “Garbancito”

 

Martes 11 de Marzo

Pola mañá

“Director de orquesta”

“Juegos  de Kim”

“La maderita”

Pola tarde

“Juegos de atención y memoria”

 

Mércores 12 de Marzo

Pola mañá

“Director d e orquesta”

“Juegos de Kim”

“¿Qué falta?”

 

Xoves 13 de Marzo

Pola mañá

“Director de orquesta”

“Juegos de Kim”

“¿Qué falta?”

“El Espía”

                  

Venres 14 de Marzo

Pola mañá

“Director de orquesta”

“Juegos de Kim”

“¿Qué falta?”

“La maderita (cámara)”

“El Espía”

Pola tarde

“Equivocar historias”

 

Venres 21 de Marzo

Pola mañá

“Explorar cuadros”

Preguntas

Pintura sobre fotocopia

Recortar e compoñer 

          

Despois de varias reflexións e dunha ollada rápida do libro “Jugar a Pensar”, e tendo en conta as características dos meus alumn@s, decidín que empezaría traballando a habilidade de pensamento “observar”, por parecer que pode axudarme a mellora-la escasa atención e falla de concentración que estes presentan. Pensei que sería bo empezar con xogos, para alternar máis tarde xogos e contos e, a ser posible introducir tamén a arte.

Así foi como se fixo e, isto foi (resumido) o que pasou:  

 

                            VENRES 7 DE MARZO

 

         Pola mañá, ó entrar, empezámo-lo traballo no corcho, como é costume, e colocados en círculo. O primeiro xogo que levamos a cabo é:

         Director de orquesta

         En principio, explícolles en que consiste e asumo eu o rol de director para que lles sexa máis fácil de asimilar.

         A primeira dificultade atopada é que @s ne@s non seguen ó director.

         Outras dificultades foron as seguintes:

         O director esquécese de cambiar de instrumento.

         Os nen@s ó tocar deixan de cantar como se non poideran  facer  dúas cousas á vez.

         Creo que será boa idea poñer unha cassette  cunha canción coñecida pol@s nen@s e que eles se centren en imita-lo director tocando o instrumento pertinente. Probarei a facelo así o luns.

         Vendo que este xogo @s  tiña un pouco aburrid@s, propúxenlles cambiar a outro e aceptaron con gusto.

         O seguinte foi:  

         “Juegos de Kim”

Na mesma situación e ubicación (no corcho, sentados en círculo), explícolles en que consiste o xogo e, rápidamente pasamos á acción.

         Utilizamos: un botón verde , un carrete vermello, outro branco, unha bola amarela, un aro tamén amarelo, unha noz, unha bola verde e, unha caixa branca para tapa-los obxectos utilizados.

         Empezamos intentándoo con cinco elementos, e vendo que as dificultades para recordar eran cuantiosas, rebaixamos a catro. Pronto o deixamos para continua-lo xogo o próximo luns.

         Pregúntolles ós que se lembraban dos obxectos escondidos por que se acordan e coinciden en decir que miraron moito tempo e que se fixaron moito. Pregunto tamén ós que non consiguen recorda-las cousas agachadas e parece que todos estiveron un pouco despistados mentras se mostraron os obxectos. Falamos da importancia da atención para acordarse do que vemos ou oímos.

         Adicamos a estas actividades uns vinte minutos.

 

                            LUNS 10 DE MARZO         

         Pola mañá ó entrar ó “Cole” recordámo-lo xogo que fixemos o venres

         “Director de orquesta

         Pregúntolles se o queren repetir e dicen que sí. Como o outro día non saíu moi ben, propóñolles que fagamos un ensaio sen que ninguén teña que adiviñar quen é o director porque   xa  o  saberemos  de antemán. Parécelles ben que dirixa eu a orquestra, e así o facemos. Os músiscos céntranse un pouquiño mellor. Propóñolles entón  que en lugar de cantar, poñamos música e, cos sons de “A mis niños de treinta años” empezámo-lo xogo. Varios nen@s asumen os roles de adiviñad@r e direct@r.

         Xurde unha pequena dificultade. Algúns nen@s non están atent@s  ó director, polo que, seguen co mesmo instrumento cando o director xa  cambiou.

         Falámolo e engadimos unha nova regra; o músico que non siga ó director, terá que abandoar a orquestra para que esta poida seguir tocando sen desafinar.

         Así o facemos e parece que a orquestra marcha ó unísono.

         Temos unha conversa para falar sobre o que pasaba antes de poñer esa nova regra para que os músicos non se puxeran dacordo no instrumento a tocar e, parece que está claro, atenderon pouco, non miraban ó director…

         Despois disto pregúntolles se queren que fagamo-lo xogo de esconder cousas e aceptan de bo grado.

         Facémolo varias veces escondendo catro elementos entre oito posibilidades e. sendo éstas as mesmas que o día anterior.

         Como xa saben de que vai, non fai falla explicar nada e comezámo-lo xogo.

         Feito o primeiro intento pregunto quen se acorda de só unha das cousas que hai escondidas debaixo da caixa. Levantan a man varios. Sigo preguntando quen se acorda “ só de dúas cousas…, quen se acorda só de tres cousas… e, algúns nen@s levantan a mán en todos ou varios casos. Comentamos que a pregunta decía “só” (sólo dunha cousa). Pregunto tamén quen se acorda de cinco cousas e… ¡sorpresa!, algúns acórdanse de cinco cousas e eu so escondera catro. Destapo. Falámolo e convimos en que os erros cometidos se deron  por mor da pouca atención posta nas preguntas e nos obxectos agachados.

         Repetimos varias veces, preguntando ós nen@s  que se acordaban de tódolos obxectos, porqué os recordaban e, tod@s coincidían en que os recordaban porque se fixaron moito, estiveron moi atent@s , miraron moito tempo as cousas escondidas……

         Concluimos entón que se mirabamos con moita atención seguro que as recordabamos todas.

         Cada novo ensaio parece que iamos facendo progresos.  

         Adicamos en total a estes dous xogos uns cincuenta minutos.         

         Pola tarde 

         Ó entrar, sentados nas sillas e ante as súas mesas correspondentes preséntolle-lo libro “Jugar a Pensar con Cuentos”. Primeiro vemo-las cores da portada, da contraportada e da primeira folla interior ¡Guau! ¡Qué bonitas! Pensamos onde atopamos esas cores fora do Colexio e comentámolo. Despois de fixarse na portada preséntolle-la” Mariquita Juanita” coa fotocopia correspondente do mapamundi político en tamaño A3 e coinciden en que queren que lles conte o conto que “Mariquita” aprendeu en Cataluña.

         Contámolo conto de” Garbancito” e escoitan con bastante atención.

         Adicamos a esta actividade aproximadamente unha hora; preparando unha gravadora cando a empezamos, pero algo pasou que non funcionou.  

 

                            MARTES 11 DE MARZO  

         Pola mañá

         A eso das dez e media dispoñémonos a repasa-los xogos para, a continuación aprender outro novo.

         Director de Orquesta

         A primeira dificultade aparece cando o primeiro neno que tiña que adiviñar quen era o  director, se pon a dirixir él mesmo e logo foi incapaz de dicir con acerto quen dirixía.

         Despois de saíren dous nenos máis pasamos ó seguinte xogo.

         “Juego de Kim”

         Tras intentalo con bastante acerto con catro obxectos,  decidimos probar con cinco, e non nos foi de todo mal. Nas súas explicacións asocian claramente a acción de” mirar atentamente” co feito de recorda-los obxectos escondidos.

         A continuación explícolles en que consiste o xogo “la maderita” e facémolo pasando unha micro-cámara de plástico. Xurden múltiples dificultades:

         Enseñan claramente a cámara.

         Falan.

         Deixan espacios entre os corpos por onde se ve pasa-lo obxecto.

         Miran para pasa-la cámara, como se necesitaran ver onde a van colocar.

         Facemos tres ou catro intentos e logo deixámolo pois xa levamos corenta e cinco minutos de xogos.  

         Pola tarde

         Comezámo-la actividade a eso das quince horas trinta minutos sentad@s nas sillas ante as mesas. A miña intención era facer “xogos de atención e memoria”. Pregúntolles entón se queren que lles conte o conto de Garbancito outra vez e, moi entusiasmad@s dinme que sí. “Pois atendede moito poque despois preguntaréivos algunhas cousiñas”.-Síiiiiiiiiiii………..!

         Dispoñémo-la gravadora e esta vez sí o temos todo registrado.

         Empezamos recordando quen era a “Mariquita Juanita” e o seu mapa, para qué o utilizaba…………….e logo contéille-lo conto. Para non terxiversar nada línllelo tal e como estaba no Libro; é dicir en castelán; facéndolles tamén as preguntas en castelán, aínda que en algún momento conviviron os dous idiomas.

         Despois desto e, como xa lles dixera, fíxenlles varias preguntas :

          ¿Que le faltaba a la mamá de Garbancito?

         - El azafrán.

         El azafrán aaah! e,¿quen foi compra-lo azafrán?

         - Garbancitooooo!

         Garbancito aaaaah! e, ¿cómo era Garbancito?

         - Pequeñito, pequeño, muy pequeño, diminuto, como un garbanzo.

         E, qué lle dixo Garbancito á súa mamá cando marchou á tenda?.

         - Cuídate mucho.

         Eso diríallo a mamá a Garbancito………

         - Sí.

         E, ¿cómo quedou a mamá de Garbancito?

         - Sorprendida.

         Sorprendida, preocupada; porque ía o seu neniño compra-lo azafrán soíño.

         ……………………………………………..

         E, ¿Qué lle dixo entón Garbancito á súa mamá?

         - No te preocupes mamá……….

         Podía ser, podía ser………………………………O papá estaba preocupado pola comida…………………e, ¿quén levou a comida?

         - Garbancito.

         Garbancito; e ¿veu co azafrán ou non?.

         - Non.

         ¿Non trouxo o azafrán?.

         - Non, sí………………….

         ¿Foi compra-lo azafrán?

         - Síiiiiiiii………………..

         E, ¿que pasou na tenda?

         - Nada

         ¿Como nada?. Cando chegou compra-lo azafrán ¿que pasou?

         - Non o oía o señor.

         O señor ¿non o oía ou non o vía?

         - Non o vía.

         ¿E porque non o vía?

         - Porque era moi pequeniño, moi pequeniño.

         Aaaaaah!

         - E gritaba.

         ¿Oíuno, oíuno?

         - Non

         Oíuno?

         - Sí.

         Sí que o oíu.

         - Oíu a voz.

         Oíu a voz e que fixo o señor da tenda?

         - Miraba, miraba…………………miraba, miraba, por aquí e por alá….

         E non o vía, e non o vía e entón que fixo ¿onde puxo o azafrán?

         - Había unha moeda

         Había unha moeda que se movía

         - Entón puxo alí o azafrán.

         Colleu a moeda e puxo alí o azafrán. E………..quen levou o azafrán á casiña?.

         - Garbancito.

         Bueno e a mamá fixo a comida?

         - Sí

         E, a quen había que levarlla?

         - O papá

         E, quen vai levarlla,  ¿a mamá?

         - Garbancito

         Levoulla Garbancito. E, que lle pasou polo camiño?

         - Que choveu e choveu e choveu e escondeuse debaixo dunha verza.

         E escondeuse debaixo dunha verza.

         - E veu un boi e comeuno.

         E veu un boi e comeuno, “ándale” e, ¿que pasou cando estaba na barriguiña?.

         ………………………………..O boi cagou un peido.

         Aaaaaah, e ¿quen saíu?

         - Garbancito.

         Saíu Garbancito moi contento………………………..

         Non me dixestes unha cousa. E, como souberon os seus papás onde estaba Garbancito?

         - Buscaron, buscaron………………………e, oíron unha voz.

         Aaaaaaaaaaaah!! E, onde estaba?

         - No boi da barriga.

         Será na barriga do boi………………………

         - Do buey.

         É o mesmo. Boi é en galego e se falamos en castelán dicimos buey.

         - E boi en qué é?

         En galego.

         - E, acordámonos da canción?....................................

         Todos xuntiños,atentos……………………Patím…………..

         - Patím, patam, patum,……………………….

        

         Despois de todo isto falamos a cerca de como sabían tan ben o conto, como se acordaban de todo, e, según el@s era poque o conto era moi bonito, porque lles gustaba moito e, porque estiveron moi atent@s.

         Esta actividade durou uns trinta e cinco minutos.  

 

                   MÉRCORES 12 DE MARZO  

         Pola mañá

         Como sempre, sentados no corcho dispoñémonos a repasa-los xogos que xa coñecemos para facer, a continuación un novo.

         “Director de orquesta”

         Parece que cada vez o van facendo mellor. Cada día seguen as instruccións do director con máis atención. Rápido pasamos ó xogo seguinte:

         “Xogos de Kim”

         Escondemos cinco obxectos e hai bastantes nen@s que os recordan todos porque cada vez prestan máis atención, e esa é a resposta que dan cando se lles pregunta ”porque”.

         ¿Qué falta?

         Dado que é a primeira vez que practicamos este xogo, explícolles que poñeréi varios obxectos no chan, deixareinos estar alí para que poidan miralos un ratiño, retirarei un deles, mentas el@s pechan os ollos, e logo terán que intentar lembrar que falta.

         Os obxectos utilizados son:

         Letra “u” (en tamaño grande)

         Número “7” (de dimensións considerables)

         Un conto

         Un cono verde

         Un bote amarelo

         Un aro verde

         Unha bola vermella.

         Co primeiro intento xurde a primeira dificultade. Cando lles pregunto cánt@s  nen@s saben que escondín; algúns revelan o obxecto ocultado.

         Facemos tres intentos máis, e a situación parece bastante equilibrada entre os que o saben e os que non logran descubrir de que se trata.

         Á pregunta de porque saben que cousa falta, veñen a dicir que porque miraron con moita atención, por iso agora se lembraron do que había antes e agora falta. Os que non se lembran do que falta, din que esstiveron algo despistados.

         O tempo adicado a estes xogos foi aproximadamente de corenta minutos.  

 

                   XOVES 13 DE MARZO  

         Cando son as dez e media da mañá, sentámonos no corcho dispostos en círculo e piden que fagámo-los xogos que coñecemos. Parece que cada día amosan máis interese. Propóñolles facer só unha vez cada xogo para que nos quede tempo de practicar un novo: “o espía” e amosan ilusión por coñecer outro xogo.  

 

         “Director de orquesta”

         Por fin cada un asume o seu papel con acerto; director, músicos e investigador.

         Xogo de Kim”

         Facemos un intento con seis obxectos e un bo númeron de nen@s lembran tóda-las cousas agachadas.

         ¿Qué falta?

         Utilizamos nove obxectos e moitos nen@s saben que foi o que retirei.

         “O Espía”

         Tras explicarlles en que consiste o xogo e facer eu de espía en tres ocasións, inténtano el@s. Parece que algúns non se enteraron moi ben, porque o primeiro neno que o intentou espiaba a unha nena de pelo corto e non había ningunha.

         No segundo intento un dos nenos máis ” despertos” da clase, acertou de seguida porque o espía mirou clara e únicamente ó espiado.

         O que acertou pasou a facer de espía, e, xurde outra dificultade; cando dá a segunda pista cambia de neno espiado Explícolles que non pode ser; que as regras do xogo impiden cambiar de espiado ata que alguén acerte.

         Despois de tres intentos máis iniciamos unha conversa que nos levou a concluir que cando temos moitas pistas é máis fácil saber de quen se trata e, cando temos poucas é máis difícil adiviñalo porque hai moitos nen@s que cumplen as condicións de espía.

         O tempo que” xogamos” foi de aproximadamente cincuenta minutos.        

 

                   VENRES 14 DE MARZO  

         Pola mañá

         A eso das dez e media sentámonos no corcho e facemos un repaso rápido de tódo-los xogos que levamos practicado ata o de agora: director de orquesta, xogos de kim, ¿Qué falta?, o espía e maderita (cámara) e saen bastante ben. Os nen@s vense entusiasmad@s; parece que están moi centrados e que, cada vez son mellores obsevador@s e a min iso éncheme de Ledicia.         

         Pola tarde

         Teño intención de levar a cabo a actividade “Equivocar historias”.

         Dígolles que imos traballar co libriño da “Mariquita Juanita” e, lémbranse de que a Mariquita Juanita aprendeu o conto de Garbancito en Cataluña e, queren saber onde está Cataluña, queren que llela enseñe e, como eu non a teño queren que llela enseñe no mapa. Din que é moi pequeniña e cóstalles admitir que poida parecer pequeniña no papel e ser grande.

         Dígolles que lles vou conta-lo conto de garancito, e fágoo, pero, esta vez, equivócome intencionadamente.

         A primeira equivocación estivo en que lles contei que os papás tiñan dous fillos: Garbancito e Garbanzo e, rápidamente dixo un neno que él non se acordaba “do Garbanzo”. Dígolles que o outro día non había” Garbanzo”,que eu agora os estaba enganando e, en seguida me din que enganar non se pode facer (era de bromiña, agora xa vos digo a verdade).

         A segunda equivocación produciúse cando lles dixen que a mamá lle dixo a Garbancito que non podía ir compra-lo azafrán porque era demasiado grande. -”Demasiado grande non , demasiado pequeno”, me din de contado. Que me equivoquei dígolles eu.

        

Chegado o momento en que lles relato que Garbanacito ía cantando, sen pensalo dúas veces, rompen a canta-la canción.

         3ª equivocación. “Garbancito se escondió en una casita”        -Debaixo dunha verza, din el@s rápidamente.

         4ª Equivocación. “Pasó un buey y no se comió la col pero vino una vaca y se la comió”. - No, no, se la comió el buey.

         5ª Equivocación. “El buey se la comió y fue a mi barriguita”. - Nooooooo a la barriga del buey.

         Chegado o punto en que os papás berran por Garbancito, fano el@s mesm@s, e tamén contestan por el; a partir deste momento seguen a face-las voces de Garbancito e dos pais………….

         6ª Equivocación. “Los tres muy contentos celebraron el cumpleaños”._Nooooooo,¿e logo que fixeron? .-Cantaron unha canción: Patím, patam, patum……………….

         ………………………………………………………………………

         Ó remata-las equivocacións, terminado o conto, pregúntolles: ¿Como é que vos destes conta  de tóda-las veces que me equivoquei?

         - ”Porque o sabía pola túa frente; porque o lin na túa frente; porque puxo letras para ler, puxo letras par ler, puxo que nos estabas enganando”.

         E, a partir de ahí empezan a ter ideas:

         Estiveron moi atentos cos ollos moi abertos.

         Estiveron atendendo moi ben e coas orellas moi abertas.

         Estaban atendendo.

         …………………………………………………………………….

         E a facer preguntas:

         ¿Os papás de Garbancito como eran? ¿Eran grandes ou pequenos?

         Un neno pensa que unha parte deles é pequena (a do brazo izquierdo), e outra é grande (a do brazo dereito); por iso levanta a man para dicir que pensa que son grandes e para dicir que pensa que son pequenos.

         ……………………………………………………………………………..

         Vémo-las cores do libro e, a Mariquita Juanita saúdaos e, a partir disto empeza unha conversa entre Juanita e os nen@s.    

                   VENRES 21 DE MARZO  

         Pola mañá

         Son as dez e media cando nos sentamos no corcho e preséntolle-lo cadro de Picaso (8).

         A continuación sucédense unha serie de preguntas e respostas que, resumidas son as que seguen:

         ¿Que vemos neste cadro?

         - Vexo unha nena

         ¿Que fai?

         - Disfrazada

         ¿De que?

         - De paiaso

         ¿De onde veu?

         - Da auga, porque trai unha barca.

         ¿A onde vai?

         - Ó carnaval

         ¿Qué sintes?

         - Silencio

         ¿A que huele?

         - A barra de labios (porque os ten pintados).

         - A natureza (porque hai moito silencio).

         ¿Na natureza tamén hai moito silencio?

         - Sí e paz.

         - A pintura.

         ¿A que sabe?

         - A comida

         ¿A que comida?

         - Comida china (ten cara de china).

         - A limón (porque ten un cacho de limón)

         - A fresa tamén (porque tamén ten vermello).

         - A plátano (porque ten branco).

         - Tamén a pera porque ten verde.

         A eso das dez horas cincuenta minutos móstrolle-la ficha que preparei para que el@s a pintaran e despois de recortala compuxeran o puzzle.

         Pintan, usando o material que el@s elixen.

         Recortan

         Compoñen

         Pegan

         Tóda-las actividades foron realizadas nunha aula de Educación Infantil con dezanove alunm@s de catro anos.

 

Próximo >